A condición feminina supón un maior risco de exclusión social

A condición feminina supón un maior risco de exclusión social

24 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD vén de editar o libro "Xénero e Desenvolvemento". O volume, ademais de facer fincapé en cómo a pobreza afecta ás mulleres, presenta o xénero como un feito integral,  e non só transversal, tratando de abranguer máis aló das problemáticas de

Unha das promotoras da iniciativa, Aída Pérez, de Paz e Desenvolvemento, contou a Radiofusión que as mulleres sufren en maior medida que os homes o risco da exclusión social. Así as cousas, a través da publicación quérese poñer de manifesto a necesidade de que a perspectiva de xénero forme parte indivisible da acción das oenegués. Pérez coida que as organizacións xa posúen a conciencia de atender aos problemas das mulleres, pero que o deben explicitar tanto nos seus esquemas operativos como na forma de pensar e expresarse.  

Sociedade