Conectados en autobús os dous campus universitarios de Ferrol

Conectados en autobús os dous campus universitarios de Ferrol

20 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Desde este mes de setembro, os membros da comunidade universitaria, estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos, poderán viaxar de forma gratuíta entre os campus de Esteiro e o de Serantes ( Ferrol) nun autobús especial da empresa Arriva Noroeste S.L.O horario acordado estipula que ás 8:15 horas sairá un autobús do campus de Esteiro cara a Serantes  e ás 14:10 irá de Serantes á Estación de Autobuses de

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, chegou a un acordo coa empresa de transportes para mellorar o transporte entre os dous campus, unha medida que viña sendo moi reclamada pola comunidade universitaria; en especial, polos estudantes.

Segundo explicou a vicerreitora, “non é unha solución óptima aos problemas de acceso que ten o campus de Serantes, cun transporte urbano deficiente e pouco acorde coas necesidades estudantís da Escola Universitaria Politécnica, pero é un convenio que mellora a situación actual”. Este acordo ten unha contraprestación económica que será asumida pola Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura, dentro das axudas destinadas ao transporte universitario.

Os usuarios deste servizo só terán que identificarse como membros da comunidade universitaria para poder facer uso del. De momento, está previsto que funcione desde este mes de setembro ata o mes de xuño, de luns a venres lectivos.
    

Sociedade