Conexión Galicia- Laponia

Conexión Galicia- Laponia

17 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 1.700 rapaces de máis de 30 centros educativos das catro provincias galegas poderán falar con Papá Noel a través de videoconferencia, grazas a unha iniciativa da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) que se está a desenvolver ata o 20 de decembro.

Ata o día 20 inclusive Papá Noel  estará, a través de videoconferencia, cos nenos e nenas de Abegondo, Barreiros, Betanzos, A Cañiza, Carballedo, Catoira, Celanova, Cerceda,  A  Estrada, Ferrol, Fisterra, A Fonsagrada, Foz, Manzaneda, Marín, Moaña, Monforte de Lemos, Mugardos, Muros, Negreira, Ortigueira, Ourense, Pontedeume, Quiroga, Ribadeo, Santa Comba, Sarreaus, Valga, Verín, O Vicedo, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo e Xunqueira de Ambia desde as aulas CeMit destes municipios.

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro de Educación Especial Miño de Ourense, os da Fundación de Discapacitados de Negreira e os do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos.

Con este tipo de experiencias, a Rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen, acurtando distancias e facendo posible a comunicación entre diversas localidades nun mesmo proxecto común.

Sociedade