A Confederación de Anpas Galegas aposta polo idioma

A Confederación de Anpas Galegas aposta polo idioma

05 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

"O vindeiro 8 de febreiro a Plataforma QUEREMOS GALEGO ten convocada unha manifestación en defensa do galego; a esa manifestación estamos convocados todos e todas, todas as ideoloxías, todos os partidos, todo aquel que non estea de acordo co trato que se lle está a dar á nosa lingua está chamado a se manifestar o próximo domingo". Con estas palabras, a Confederación ANPAS GALEGAS ven de expresar o seu apoio público a esta convocat

Dende o seu ámbito de actuación defenden a necesidade de que Galicia conte cun ensino público en galego, tanto na lingua de expresión, que debe ser vehicular en todas as materias comúns agás, loxicamente, do ensino doutras linguas, como na fixación dos currículos.

A confederación de ANPAS GALEGAS defende que "A nosa infancia e mocidade teñen que aprender cal é a nosa realidade, a nosa cultura, a nosa identidade, e iso teñen que o aprender en galego porque é a lingua que inventamos para describirnos, é a lingua que nos define e que nos acubilla".

Por iso defenden que o noso idioma ten que ter un trato absolutamente preferente nos plans educativos galegos, que se debe potenciar o seu uso maioritario no ensino galego, para que os que veñen detrás o dominen, o coñezan, o utilicen e, por riba de todo, sintan por el o cariño, veneración e respecto que merece o maior dos nosos patrimonios: a Nosa Lingua.

Sociedade