Confirmada a sanción a Angel e Alex Pita

Confirmada a sanción a Angel e Alex Pita

23 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O comité de competición confirmou a sanción dun partido aos xogadores do Perlío Angel e Alex Pita, que foron expulsados a pasada semana fronte ao Imperator. Tamén pasará un encontro en branco Varela, por acumulación de 5 cartóns amarelos. A esas 3 baixas, haberá que sumar a ausencia de Bonilla que continua o seu proceso de recuperación.

O partido da Primeira Autonómica de fútbol Perlío – Xallas comezará mañá domingo ás 4,30 da tarde no campo dos Pinares. O Xallas ven de gañarlle ao Atlético Arteixo. "Hai que xogarlle coa mesma intensidade que fronte ao Imperator, porque ten moi bo equipo", segundo o adestrador do Perlío Javier Ricoy.

Deportes