As confrarías de Barallobre e Ferrol entregan as chaves dos pósitos á Xunta

As confrarías de Barallobre e Ferrol entregan as chaves dos pósitos á Xunta

27 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os mariscadores da confraría de Barallobre decidiron esta mañán en asamblea entregar as chaves do pósito á Xunta de Galicia, nun acto co que queren decirlle que están abocados ao peche e unhas 700 persoas que viven do mar, á ruina. A patrona maior do pósito fenés, Virxinia Souto, explicou a radio Fene o porqué desa medida que efectivizan ás 12 no edificio administrativo da Xunta en Ferrol, onde se concentraron xunto aos maris

Un novo retraso nos pagos ten aos mariscadores sen cobrar dende o mes de outubro mentras que os responsables da Consellería do Mar non atenden a sua solicitude de diálogo. A pesar de que a batea funcionou dende que se cambiou a sua ubicación, a ameixa cotizou a 5€ o Kg. Con eses prezos non poden sobrevivir as suas economías, segundo Manuel Bañobre, quen incidiu en que a batea sigue a ser experimental e que só coa batea non se pode subsistir.

O Vicepatrón da Confraría de Barallobre insiste en que con tantas débedas, a Xunta abócaos ao peche. Dende as 12 da mañán traballadores das duas confrarías concentráronse no edificio administrativo da Xunta, onde entregaron as chaves dos pósitos e abriron unha nova xeira de movilizacións.

Sociedade