A conmemoración do Día Mundial contra o Cancro incide na prevención infantil da enfermidade

A conmemoración do Día Mundial contra o Cancro incide na prevención infantil da enfermidade

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os nenos que teñen unha alimentación equilibrada e realizan exercicio físico contan cun 35% menos de probabilidades de padecer cancro na súa idade adulta. Esta é a principal mensaxe que lanza á cidadanía a Unión Internacional Contra o Cáncer nesta xornada na que se conmemora o Día Mundial da enfermidade.

O cancro é a principal causa de morte en España, segundo se pon de manifesto no informe que vén de facer público a Sociedade Española de Oncoloxía Médica. Nese documento destácase que un de cada tres varóns e unha de cada catro mulleres serán diagnosticados de cáncer na súa vida, pero tamén se incide na actual redución das cifras de mortalidade e no avance de novos fármacos e tratamentos. “Estamos ganándolle a guerra a enfermidade a través da prevención”,
asegurou en Radiofusión a presidenta da Asociación contra o Cáncer de Pontevedra, María José Crespo.

Neste Día Mundial contra o Cáncer incídese na prevención desde idades temperás. Baixo o lema “Gústame facer deporte e comer san”, as asociacións de loita contra a enfermidade organizan en todas as cidades galegas actividades divulgativas, tales como conferencias, mesas redondas ou reparto de trípticos informativos.

Sociedade