ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Mellorar a calidade das augas e reducir a carga contaminante das augas residuais procedentes dos cocedoiros de mexillón. Con esta fin a Consellaría do Mar asinou esta mañá un protocolo de colaboración con Augas de Galicia, a Asociación Galega de Cocedoiros de Mexilón (Agacome) e outras nove entidades dedicadas á cocción deste molusco. A Consellaría do Mar destinará un total de 4 millóns de euros, cofinanciados nun 61% polos
A finalidade deste protocolo é acadar unha mellora progresiva dos vertidos de augas residuais procedentes das industrias mediante a implantación dos sistemas de depuración máis axeitados. Segundo a conselleira de Mar, Rosa Quintana, farase un estudo dos mellores métodos de depuración dos mexillóns. Para iso convocarán, nos vindeiros días, unha orde de axudas.
O acordo estará vixente 18 meses. Para velar polo correcto desenvolvemento das súas actuacións constituirase unha comisión de seguimento formada por dous representantes da Consellería do Mar, dous de Augas de Galicia e outros dous da Asociación Galega de Cocedoiros de Mexillón (Agacome).