A conselleira de Traballo reduce a 7.000 persoas as que poden beneficiarse dos 420 euros

A conselleira de Traballo reduce a 7.000 persoas as que poden beneficiarse dos 420 euros

18 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegurou hoxe que son 7.000 e non 19.032 os desempregados galegos que poderán beneficiarse da axuda de 420 euros mensuais, aprobada polo Executivo central no Consello de Ministros o pasado xoves. Deste xeito, Mato desmente a cifra dada onte polo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro.

 

Mato considerou que se trata dunha medida "pobre", feita ás "présas" e "froito do non diálogo social". Asimesmo, criticou que "desde o Goberno Central non se contou" coas Comunidades Autónomas para aprobar ese decreto.

A renda está destinada aos parados menores de 65 anos, que esgotaran a prestación por desemprego de nivel contributivo desde o día 1 de agosto e os 180 días naturais seguintes a esa data e que non teñan dereito ao subsidio, sempre que carezan de rendas superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, así como aqueles que extinguiran por esgotamento, incluídas as prórrogas, os subsidios por desemprego.

Segundo o delegado do Goberno, os potenciais beneficiarios desta axuda en Galicia atópanse, ena súa maioría en A Coruña, con 7.508 persoas; seguida de Pontevedra, con 7.424; Ourense, con 2.270; e Lugo, con 1.830.

Institucional