Consternación en Sillobre

O helicóptero de Salvamento atopou o corpo da veciña de Sillobre- Fene- ás 21,25h
22 de Maio, 2019 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Fina e o seu home son moi coñecidos na parroquia. El é directivo da Sociedade Agarimo e ella participaba en diferentes actividades.

SILLOBRELAVANDEIRAS19

Mentres discurría o debate de Radio Fene, buscaban no mar a unha muller de Sillobre desaparecida onte á tarde. O Helicóptero de Salvamento, Helimer 401 localizóu flotando, pasadas o nove da noite de onte, na zona de Meiras, Valdoviño, o cadáver dunha muller de 60 anos que desaparecera do seu domicilio de Sillobre, Fene, na mesma tarde. Marchou alegando que ía a clase de cestería. A familia da mujer solicitou axuda para a súa procura cando se da conta de que abandonara o domicilio no seu coche, un Opel Astra, deixando a documentación na vivenda e tiña mobilidade reducida. Pouco máis tarde o coche foi visto nas inmediacións do faro da Frouxeira, en Valdoviño, polo que se pensou nun triste desenlace. Efectivos da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Valdoviño rastrexaron a zona, solicitaron axuda de Salvamento Marítimo que enviou o helicóptero sobre as 20,40h da tarde e xa unha hora despois, ás 21,25, localizou o cadáver que foi izado a bordo e trasladado ao aeroporto de Alvedro, onde desde un furgón xudicial foi trasladado ao CHUAC. O xornal dixital Galicia Ártabra foi o que deu a primeira información.

Fina e o seu home son moi coñecidos na parroquia. El é directivo da Sociedade Agarimo e ella participaba en diferentes actividades. Hai menos dun mes se lle podía ver na Recreación das Lavandeiras de Sillobre caracterizados de época e participando activamente na festa. A parroquia está consternada ao coñecerse a noticia que xa empezou a circular na noite de onte.

Sociedade

Publica o teu comentario agora