Construiránse pistas polideportivas en Beán, Poulo e Montaos

Construiránse pistas polideportivas en Beán, Poulo e Montaos

16 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes planifica a construcción de pistas polideportivas nas parróquias de Beán, Poulo e Montaos. Os proxectos incluense nas obras do novo Fondo Estatal que destina ao municipio máis de 1,3 millóns de euros. 

Tal e como explicou o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, “con estas obras esperamos poder contribuir á mellora das infraestructuras das parroquias, neste caso coa construcción de pistas polideportivas que van servir para o goce tanto dos máis pequenos como tamén dos adultos, posibilitando así que os veciños das parroquias teñan espazos de lecer á súa man sen necesidade de desplazarse”.  

Outros dos proxectos incluidos neste novo fondo do estado refírense ao saneamento na Estación en Parada, na Carballeira en Cabeza de Lobo e en Vilariño na parroquia de Buscás, así como a construcción dun novo depósito de auga potable en Ordes e melloras en alumeados.

Sociedade