Conta atrás para a Carreira Fin de Ano Ares- Mugardos

Conta atrás para a Carreira Fin de Ano Ares- Mugardos

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As áreas de Deporte dos Concellos de Ares e Mugardos organizan un ano máis a Carreira Popular de Fin de Ano, que se desenvolverá o vindeiro día 27 e que chega á súa quinta edición. A actividade comezará ás 11.00 horas e consistirá nunha carreira de dez kilómetros que sairá e rematará nesta ocasión do pavillón municipal de Mugardos. O prazo de inscripción para esta proba está aberto dende o

A carreira de fin de ano de Ares e Mugardos correráse o domingo dia 27. Os interesados en participar, poderán recabar máis información na Alianza Aresana e na OMIX de Mugardos, así como nos teléfonos 981 448 057 (Alianza) ou 981 472 202 (OMIX), mentres que as inscripcións deberán formalizarse na web www.atletismogalego.orgo una OMIX do Concello de Mugardos. O único requisito que se esixe para tomar parte nesta proba deportiva é ter cumpridos os 14 anos.  

Debido ao carácter popular da proba, non haberá clasificación por categorías nin premios aos participantes, senón que ao remate da carreira haberá un sorteo de diferentes agasallos entre os participantes.  

Para esta actividade, os Concellos contan co patrocinio de diferentes empresas, como Xemade, Limpezas Portela, La Barca, Transportes y Excavaciones MyRm R, Coca-Cola, Calsomatu, Ferretería SAR, comercial Bajama, Gadis, Supera, AquaBona e Ramil.

Deportes