Conta atrás para o Felicia Pop

Achégase a XXI edición do Felicia Pop cun cartel cheo de novidades
17 de Xullo, 2019 - 01:44 h. | Publicada por Radio Fene

A principios de agosto, no parque da Hortiña de Limodre, o mellor do pop rock.

ESCOITA O PODCAST:

Achégase o festival de música pop por excelencia. Limodre acollerá o mellor do pop e do rock de tódolos estilos e todas as épocas na XXI edición do Felipop, agora chamado Felicia Pop. Disfrutaremos de música en directo de balde. Xa a víspera, o xoves 1 de agosto, actúan en Casa Ardá dende as 23:45 dous grupos: Mentah e Feed the Pet.

O festival volve ao parque da Hortiña 2 e 3 de agosto desde as 22.30h. O venres 2 abre Bule. Os Wavy Gravies, ás 23:35, BB Sin Sed subirán ao escenario contra as 00:50 e os italianos The Peawees pechan desde as 2:25h. Posteriormente a madrugada musical continúa cos Djs, Alex Bigvoxxman e Señor X.

O sábado 3 de agosto, a xornada comezará coa sesión vermú. Tocarán Muebles Mendoza, pseudónimo do famoso Familia Caamaño.Pola noite abrirán Los Canallas ás 22:30. Séguenlles Las Aspiradoras ás 23:35h, Los Iberos ás 00:50 e Los Retovisores pechan o cartaz ás 2:15h. De novo, os Djs Dona Als Plats e Pepe Kubrick rematarán a velada.O grupo The Bo Derek's que tiña previsto tocar na noite do sábado, finalmente non pode ser así pero a cambio pecharán o festival en Casa Ardá o domingo.

Así que, dende o xoves 1 ata o domingo 4 de agosto en Limodre soará o mellor da música pop e rock. Lembrade que a entrada é de balde polo que non dubidedes en achegarvos. Habilitarase zona de acampada no campo de fútbol de Limodre, moi preto do parque da Hortiña onde se celebra o festival.

Cultura

Publica o teu comentario agora