"Contacto sangriento" (La Sexta, 22.15 h.)

"Contacto sangriento" (La Sexta, 22.15 h.)

03 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Abaixo, diagonal abaixo-dereita e dereita son instrucións que toda unha xeración levamos gravadas a lume na punta dos dedos. Facendo esa combinación e premendo o botón de puñada, Ryu e Ken facía o ‘hadouken’, algo así como a onda vital de Son Goku, no “Street Fighter II”, a máquina recreativa que máis mortes de cerdiño-hucha provocou e máis contas aforro xuvenís dilapidou nos recreos de instit

“Contacto sangriento” foi, sen selo, a mellor adaptación endexamais feita dun videoxogo ao cine. Aínda que anos despois si faría a transición da licencia do Street Fighter á gran pantalla, Jean Claude Van Damme, ese mito agora rescatado do ostracismo e a cocaína, consagrárase cunha película que, de tan ridícula, emociona. Os mellores loitadores de todo o mundo, cada un co seu estilo de loita diferente, xúntanse nun torneo misterioso chamado Kumité para sacarse a alma pola boca a patadas no ril e cobadazos na entrada do estómago. Hai sangue, reviravoltas imposibles e caras de tolo do mito belga da interpretación a cada instante. O filme cheira a hemoglobina, testosterona e suor adolescente apiñado en torno as máquinas recreativas que devoraban moedas de cinco pesos unha tras outra. Isto é, o que se di un clásico imperecedeiro á altura de “Karate Kid”. “Contacto sangriento” emítese ás dez e cuarto en La Sexta.
Cultura