Continúa aberto o prazo de inscripción dos cursos de primeiros auxilios

Continúa aberto o prazo de inscripción dos cursos de primeiros auxilios

07 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes mantén aberto o prazo de inscrición para cubrir as últimas prazas dos dous cursos sobre primeiros auxilios que se celebrarán no municipio. O primeiro deles, trátase dun curso básico sobre primeiros auxilios dirixido ó público en xeral e, o segundo destinado a persoas que realicen algunha práctica deportiva. Ambos cursos son totalmente gratuítos. 

No primeiro dos cursos, "Introducción aos primeiros auxilios", abordaranse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios, facilitando as habilidades necesarias para poder facer fronte dunha maneira efectiva e segura ás diferentes situacións de emerxencia que se poden atopar en situacións cotiás. As datas de celebración serán os días 28 e 29 de xuño de 16.30 a 21.30 h na Casa da Cultura de Ordes.

No segundo dos cursos ofertados, titulado "Curso de primeiros auxilios no deporte", abordaranse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios destinados á atención de situacións críticas que poden orixinarse na práctica deportiva. As datas de celebración serán os días 30 de xuño e 1 de xullo de 16.30 h a 21.30 h tamén na Casa da Cultura. 

Os encargados de impartir os dous cursos serán docentes do Centro de Formación da Cruz Vermella. A duración de cada curso é de 10 horas e as prazas serán limitadas habendo 20 prazas para cada unha das iniciativas. Para inscribirse, todavía quedan prazas libres e os interesados poderán facelo chamando ó número de teléfono 981 68 00 02.

Sociedade