Continúa a controversia arredor das declaracións do presidente de Jealsa-Rianxeira

Continúa a controversia arredor das declaracións do presidente de Jealsa-Rianxeira

30 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Diante das declaracións e discurso do presidente de Jealsa-Rianxeira durante a festa cos traballadores das súas empresas así como a publicación do mesmo en varios medios escritos, donde pola sua parte se verten diversas acusacións e descalificacións os membros do goberno municipal de Boiro, con relación o trato recibido cara as súas empresas, a agrupación socialista de Boiro sae ao fío desta polémica con certas puntualizació

A executiva local do PSdeG manifesta o seguinte: 

O Partido Socialista representado nas diferentes administracións, local, provincial, autonómica así como estatal, sempre veu apoiando a este grupo empresarial con cuantiosas subvencións, con presecia institucional en visitas as propias empresas. O propio Presidente de Jealsa recoñece no seu discurso que foi un socialista, na persoa de Antolín Sanchez Presedo, quen interveu para prestar axuda a Jealsa no seu momento. 

Dende o Goberno local, tentamos de ir resolvendo problemas de diferente índole que o propio Sr. Alonso deixou sen resolver cando foi Alcalde, entre eles o da planta de coxeneración, Boinersa. Somos conscientes da importancia que ten o grupo Jealsa-Rianxeira na nosa localidade e na creación de emprego, por iso, sempre contará co apoio do grupo socialista, como tamén o facemos  co resto dos empresarios boirenses. 

Entendemos que o Sr. Alonso esta interesado en “colocar” no Concello o seu asalariado e candidato as elección municipais polo Partido Popular, o Sr. Dieste Ortigueira, pero non nos parece adecuado, nin destes tempos utilizar como plataforma política os seus empregados, nunha sociedade democrática e de libre pensamento. 

En Boiro somos necesarios todos e todas, polo tanto, non sobra ninguén. Solo nos queda desexarlle a todos boas festas e que o vindeiro ano con traballo e ilusión fagamos un Boiro mellor.

Institucional