Continúa a reurbanización de San Valentín

O Concello de Fene investirá 71.522,47 euros procedentes do POS+2019.
21 de Xaneiro, 2020 - 12:32 h. | Publicada por Radio Fene

Adxudicadas as obras de reurbanización dos bloques III e IV en San Valentín, no Concello de Fene.

Adxudicadas as obras de reurbanización dos bloques III e IV en San Valentín. O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da adxudicación das obras de reurbanización dos bloques III e IV en San Valentín. A empresa adxudicataria é SYR-AMG SL e, na intervención, o Concello investirá 71.522,47 euros con cargo ao POS+2019.

As obras contemplan esencialmente o acondicionamento das beirarrúas e das zonas axardinadas. Lembrar que este tipo de intervencións arrancaban no bloque VII, nunha elección que se determinaba por sorteo, e que en diferentes anualidades se continuou noutros bloques.

Institucional

Publica o teu comentario agora