Continuan abertas as investigacións policiais sobre o Códice Calixtino

Continuan abertas as investigacións policiais sobre o Códice Calixtino

08 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, asegurou este martes que non dispón de "ningún dato" sobre o paradoiro do Códice Calixtino, aínda que confía en que as investigacións policiais para resolver a súa desaparición "cheguen a bo porto". "Non sabemos nada", indicou.

A preguntas de xornalistas, Varela lembrou que as investigacións policiais "continúan abertas" e espera ter "canto antes" noticias en relación á desaparición, o pasado mes de xullo, do manuscrito orixinal e datado no século XII, que se atopaba custodiado no arquivo da Catedral de Santiago de Compostela

"Non temos ningún dato", respondeu Varela ao ser preguntado por unha posible aparición do manuscrito, aínda que o Fiscal Xeral de Galicia non descartou que "poida suceder en calquera momento" ao continuar coas investigacións policiais.

Sociedade