Contos contra a violencia de xénero

Os contacontos son para pequenos e pequenas de 0 a 9 anos
19 de Novembro, 2019 - 02:34 h. | Publicada por Radio Fene

"As cores" pretende traballar a igualdade.

A Concellalía de Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade do Concello de Fene, comeza o luns 25 de Novembro, "Día Internacional pola Eliminación da Violencia cara á Muller" unhas sesións de contacontos-obradoiro para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de E. Primaria (De 3 a 9 anos)

"AS CORES"é o nome do conto co que se pretende traballar de xeito dinámico temas tan importantes como a igualdade, a inclusión, o traballo en equipo, as emocións... transmitindo valores sempre a través do lúdico. Queda moito que traballar en tema de igualdade e de sensibilización, por exemplo, coa aprendizaxe da lingua de signos ou o respecto polos tempos e as necesidades de cada persoa e este contacontos foi creado precisamente para sensibilizar diso dende as primeiras idades.

"Hai moito, moito tempo, cando as cores non tiñan nin nome os incoloros foron os que decidiron dar nome a características de cada unha delas. Dúas decidiron revelarse para defender o seu dereito a ser libres! Cal será o seu segredo?"

"AS CORES" é un contaconto cunha primeira parte de dinámicas grupais traballando varios conceptos no que se fai especial fincapé na igualdade e no que tamén se introduce a lingua de signos, rematando cun obradoiro final de elaboración dun mural colectivo. Lidia Pena será a encargada de dar vida a esta fantástica historia chea de fantasía, respecto e igualdade.

Programación e datas:

OS CASAIS:luns, 25 de novembroás 10:00 h. Sesión conxunta para todo o alumnado.

UNITARIA DE SILLOBRE:luns, 25 de novembro ás 12:00 h. Sesión conxunta para todo o alumnado

CENTIEIRAS: luns, 2 de decembro 4º e 5º de E. Infantil e 1º de E. Primaria: De 10:00 h a 10:45 h. 6º de E. Infantil e 2º de E. Primaria: De 11:15 h a 12:00 h

A XUNQUEIRA: martes, 3 de decembro 4º de E. Infantil e 1º de E. Primaria: De 10:00h a 10:45 h 5º e 6º de E. Infantil e 2º de E. Primaria: De 11:15 h a 12:00 h

O RAMO: luns, 9 de decembro 4º e 6º de E. Infantil e 1º de E. Primaria: De 10:00h a 10:45 h 5º de E. Infantil e 2º de E. Primaria: De 11:15h a 12:00 h

JORGE JUAN: martes, 10 de decembro ás 10:00 h e ás 11:15 h

Sociedade

Publica o teu comentario agora