Contra a alternativa 5 a Peinador

Contra a alternativa 5 a Peinador

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A plataforma cidadá contra a autovía convoca aos veciños a mobilizarse e acudir esta tarde ao pleno municipal que se vai celebrar no concello ás 20:30 horas. Esta convocatoria súmase a outras accións postas en marcha dende que hai dúas semanas o ministerio de Fomento publicara no BOE a aprobación do enlace da A-57 con Peinador a través da coñecida como alternativa 5.

Membros da plataforma aproveitaron a celebración da feira o pasado sábado para repartir folletos nos que informaban sobre o percorrido que esta vía vai seguir e que segundo afirma “vai provocar un importante impacto ambiental, con especial incidencia nos manantiais de augas dos que se abastecen as ducias de parroquias polas que trascorre”.

Inciden sobre todo no feito de que serán dúas autovías paralelas e na que se van investir 222 millóns de euros. Por este motivo chaman a cidadanía a mobilizarse e concentrarse diante do concello coincidindo coa celebración do pleno ordinario de hoxe para “manifestar á corporación municipal o seu descontento”

Nas vindeiras semanas teñen previsto levar a cabo unha serie de asembleas informativas polas parroquias do concello, especialmente naquelas polas que discorre a variante.

Sociedade