Contra vento e marea

Contra vento e marea
07 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Domingos non puido coas mozas do Perlío. Vitoria do Perlío en Narón. Estrella 1-2 Perlío. O temporal desanimou ao público pero non as xogadoras do Perlío que se fixeron con tres valiosos puntos o domingo no partido correspondente á Terceira Galega da Liga de fútbol feminino. Analizamos o encontro co adestrador, Carlos Carballo, Vinky, e con tres xogadoras, Sara Rodríguez, Sabela López e Ana Rodríguez 

ESCOITA O PODCAST:

“Sumamos os tres puntos que era o importante, a pesar de que o campo estaba bastante impracticable, sobre todo na segunda metade”, apunta o adestrador. Adiantouse o Perlío cun gol de Noa. Pouco despois empatou o Estrella, pero a balanza inclinouse a favor do Perlío ao marcar Antía’. Foi expulsada unha xogadora do Estrella.“Dominamos de principio a fin, aínda que ao final sufrimos un pouquiño”, resume Vinky.

“Eu vinas moi ben xogando e o tempo que estiven no campo moi agusto”, declarou Sara. “Non era un partido fácil, un rival duro, teñen ganas de xogar, o que máis destacaría é que nós saímos con forza que foi o que nos axudou a levar o partido”, opina Sabela. “Eu tamén estaba cómoda”, di Ana, aínda que as inclemencias do tempo dificultaron o xogo “eu quería ir para casa cando empezou a chover, despois saíu un pouco o sol e axudou”.

Deportes

Publica o teu comentario agora