Control do balón

Control do balón
18 de Decembro, 2023 - 06:36 h. | Publicada por Radio Fene

Empate sen goles nos Pinares, aínda que houbo ocasións de marcar para os dous equipos. Na Primeira Galicia, Perlío 0-0 Sporting Cambre, “O resultado non é positivo, porque queremos gañar, pero xusto pode ser que si”, recoñece o míster, Mario López. 

ESCOITA O PODCAST:

“Tivemos máis dominio do balón”, é o aspecto máis positivo do encontro. “Fomos capaces de ter máis protagonismo co balón”. Houbo oportunidades claras de marcar, que non puido materializar ninguén, e iso que no Sporting Cambre “os xogadores ofensivos teñen moita calidade”.

Deportes

Publica o teu comentario agora