Controlado o incendio de Laza tras calcinar unhas 1.700 hectáreas

Controlado o incendio de Laza tras calcinar unhas 1.700 hectáreas

02 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Ás nove desta mañá deuse por controlado o incendio forestal na Serra de Camba no concello ourensán de Laza. Nunha primeira valoración, estímase que a superficie calcinada se eleva ás 1.700 hectáreas, o lume máis grave rexistrado en Galicia no que vai de verán.  Aos medios humanos e materiais despregados sumáronse ás labores de extinción, 150 efectivos da Unidade Militar de Urxencias do Exército (UME), con

O incendio de Laza, acada a categoría de traxedia ambiental ao devastar 1.700 hectáreas de matogueira. Unha cifra provisional á espera dos datos definitivos da Consellería do Medio Rural. A ministra de Defensa, Carme Chacón, visitou os postos de mando da UME que se atopan na zona e tamén  traballando nos lumes de Chandrexa de Queixa e en Castrelo do Val que aínda continúan activos.

Sociedade