Controlar a hipertensión é fundamental na prevención de enfermidades do ril

Controlar a hipertensión é fundamental na prevención de enfermidades do ril

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Neste xoves, 12 de marzo, conmemórase o día mundial do ril, unha xornada de concienciación sobre este órgano e sobre a importancia de protexelo e preservalo para que a nosa saúde non se deteriore.

Levar unha vida sana. Non fumar nin drogarse e, sobre todo, alimentarse correctamente, restrinxindo o emprego da sal na cociña. Son algunhas das recomendacións que, segundo Rafael Rodríguez, presidente de Alcer Coruña, poden axudar a previr no futuro unha enfermidade de ril.  Na actualidade, en España hai máis de 45.000 persoas que padencen insuficiencia renal crónica e máis de 2.200.000  non están diagnosticadas, co risco que iso implica de ter que enfrontarse no futuro a un tratamento renal sustitutivo (diálese) ou a un transplante. Este ano, a campaña de Alcer Coruña céntrase na importancia de vixiar a tensión arterial, procurarando mantela sempre por debaixo de 140-80 mmHg. Segundo Rafael Rodríguez, a hipertensión é un dos factores de risco que poden conducir a unha insuficiencia renal.  Para conmemorar este Día Mundial do Ril, Alcer Coruña instalou en distintos emprazamentos dos concellos de Ferrol, Santiago de Compostela, A Coruña, Culleredo e Teo, unha serie de mesas nas que se facilita información sobre as enfermidades de ril, a doazón e o transplante de órganos. Calquera persoa pode ademais medir a tensión arterial e a glucosa.

Sociedade