Convócase a quinta edición do Biblos, a plataforma para a mocidade escritora

Convócase a quinta edición do Biblos, a plataforma para a mocidade escritora

12 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Situar a escritura dos novísimos das letras galegas baixo o foco de atención de lectores e medios de comunicación é un dos propósitos do Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia para Mozos e Mozas, que vén de convocar a súa quinta edición. Téntase darlle un pulo a participación da mocidade na cultura do país e pescudar os máis novos talentos que precisan de apoio para a eleboración final e a

Poderán participar no Premio todas as mozas e mozos que ao rematar o ano 2009 non teñan cumprido os 25 anos e que, con independencia da súa orixe ou residencia posúan os fundamentos precisos en idioma galego para desenvolver nel unha obra narrativa de calidade. No Biblos-Pazos de Galicia non é preciso participar cunha obra rematada. Abonda con presentar unha memoria de entre 30 e 40 folios no que se deben incluir un capítulo que permita valorar o estilo do autor ou autora e unha exposición das características que terá a futura novela, achegando información sobre o argumento e as técnicas narrativas que prevé empregar.

O gañador obterá unha estadía dun mes nun establecemento da rede de Pazos de Galicia no que contará coa tutela dun autor de renome para aconsellalo na escritura final da súa obra. O texto resultante publicarase na colección Mandaio de Biblos.

A admisión de traballos pecharase o 16 de marzo. Deben remitirse ao enderezo Biblos Clube de Lectores. Quintá, 8-MANDAIO. 15391 Cesuras (A Coruña).

Cultura