Conversa teatral de O Trasno nas táboas do Multiusos

Conversa teatral de O Trasno nas táboas do Multiusos

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Trata do encontro, previo e posterior a súa execución, de tres mulleres do mesmo pobo pero de moi distinta condición, unidas pola súa fuxida e diferenciadas por distintas actitudes ante a vida e o momento histórico que lles toca vivir.

 

Dende a compañía preténdese facer unha homenaxe ás mulleres asasinadas na posguerra, case sempre anónimas e esquecidas, e por outra reflexionar, a través da súa mirada, sobre temas que seguen a ser de actualidade: a subxectividade da información, a hipocrisía da sociedade, as relacións de parella, o terrorismo, os abusos de poder e outros.

 

No reparto atoparemos entre outros as actrices Mª Xosé González, Lucia G. Carballás

e Sefi Romero encargadas de representar ás tres protagonistas.

 

A representación organizada pola Concellería de servizos sociais e igualdade terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, ás 20’30 horas no Multiusos de Redondela. A entrada é de balde.

Cultura