Conversas para un goberno de esquerdas

Conversas para un goberno de esquerdas

25 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Partido Popular é a lista máis votada en todas as parroquias do concello de Fene, agás en San Valentín onde logra máis apoios o Bloque Nacionalista Galego. Todas as forzas políticas perden votos con respeito ás eleccións do 2.011, en virtude do descenso do censo e da menor participación rexistrada onte. Os socialistas logran os seus mellores resultados en San Valentin onde suman 155 votos. Somos Fene consegue o maior porcentaxe de votos e

Na mesma noite de onte, as forzas políticas de esquerda amosaron a súa disponibilidade para formar unha coalición. Quen conta con máis posibilidades de facerse coa alcaldía é Juventino Trigo do Bloque Nacionalista Galego. Antón Noceda do PSOE acudíu na mesma noite electoral ao local do BNG a felicitar aos nacionalistas polo seu resultado. Tamén Xoan Manuel Rodriguez Bastida, de Somos Fene, confirmou a súa disponibilidade para unha entente de esquerdas.

Reaccións na noite electoral.

Gumersindo Galego agarrase á maioría acadada e a ser a forza máis votada, pero deixa patente o revés sofrido ao non ter asegurada a maioría absoluta.

O candidato do BNG, amosabase satisfeito por ter sido a segunda forza máis votada en Fene, a pesar de ter perdido un concelleiro. Juventino Trigo ábrese á posibilidade dun pacto entre as forzas de esquerda que lle darían a alcaldía.

Tanto Antón Noceda do PSOE como Xoan Manuel Rodriguez Bastida, de Somos Fene, adiantaron a súa disponibilidade para formar un goberno de esquerdas en Fene.

O PSOE foi a forza que máis apoios perdeu nas urnas pero agárrase aos números globais conqueridos polas forzas de esquerda: 4.136 fronte aos 2.141 dos populares, para adiantar a súa disponibilidade a un pacto de goberno.

Sendo consecuente co dito durante a campaña electoral, o candidato de Somos Fene, forza que irrumpe na corporación fenesa con dous representantes, está disposto a falar co resto das forzas para permitir que goberne as esquerda.

EU repite resultados e conserva á candidata que tiña. Mª Carmen Martínez confórmase co resultado da súa candidatura, tendo en conta que irrumpían duas forzas novas na batalla electoral de Fene.

Por último Avante, que non acadou os votos suficientes para obter representación municipal, resignabase ante os resultados e prometíase traballar máis na próxima contenda.

 Podene scoitar nesta nova as entrevistas que Radio Fene realizou a todos os candiadatos na noite electoral.

A nova corporación de Fene.

 A nova corporación fenesa estará conformada polos seguintes edís elexidos onte:

Gumersindo Galego, Rocío Bértoa, J J Franco, Juana Barro, Andrés Serantes, Alejandro Gutierrez e Ana Mª Novo (PP); Juventino Trigo, Alejandra Permuy, Justo Martínez e Mariela Aguilar (BNG); Antón Noceda, Caludia Patricia García Escobar e Joaquín Ayala (PSOE); Xoan Manuel R. Bastida e César Castro (Somos Fene) e Mª Carmen Martínez (EU).

O sabado 13 de xuño constituiráse a nova corporación no  pleno que da paso a un novo mandato.

Sociedade