Convocado o premio Fina Casalderrey

Convocado o premio Fina Casalderrey
19 de Xaneiro, 2021 - 09:19 h. | Publicada por Radio Fene

A literatura infantil pola igualdade ou literatura infantil non sexista. Iso pretende fomentar o premio que leva o nome de Fina Casalderrey que propón desde hai tres anos a Secretaría Xeral de Política Linguística, dotado con 2500€.

Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola igualdade para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista.O prazo de entrega remata o 8 de Marzo de 2021 e a resolución do xurado darase a coñecer o 1 de xuño de 2021. A obra gañadora, que se publicará como un álbum ilustrado a toda cor, ten unha dotación económica de 2 500 €.

Nas dúas edicións anteriores as obras gañadoras foron:

A reconquista, de Antía Yáñez.

Vermella, de Sabela Losada.

O País do Gran Furado, de Xerardo Quintiá Pérez

 

A obra, que se publicará como álbum ilustrado, non deberá exceder os 5 000 caracteres (espazos incluídos). Enviaranse seis copias da mesma en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas a: BAÍA EDICIÓNS Polígono Pocomaco, 2.ª Avenida. Parcela A2 / Nave 52. 15190 A Coruña.

 

(Na imaxe, o primeiro premio xa editado de Antía Yáñez)

Cultura

Publica o teu comentario agora