Convocados os XX Premios Irmandades do Libro

Convocados os XX Premios Irmandades do Libro

24 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Federación de Libreiros de Galicia convoca os XX Premios Irmandade do Libro nas seguintes modalides: Centros de ensino, Fomento da lectura, Autor, Libro do ano 2010, Obra editorial do ano 2010, Institucións e  Librarías. Os gañadores nos distintos apartados, recibirán unha figura alegórica de bronce do artista lucense Ismael López, deseño exclusivo para este certame,  realizada nos talleres de Artebronce, en Goián.

Estes premios soamente teñen dotación económica de 2.000 €, para adquisición de libros, nas modalidades de Centros de Ensino e Fomento da Lectura. 

As bases para a participación nesta edición dos premios, pódense solicitar na Federación de Libreiros de Galicia no  teléfono: (981599958), fax: (981591421) ou nos correo electrónico: (libreiros@librarias.org.,  antonio@librarias.org.), ou na páxina web: www.librarias.org.

A entrega de premios terá lugar na localidade coruñesa de Narón, o día 2 de abril de 2011.

Cultura