Corazón que nace libre, ...

Corazón que nace libre, ...
18 de Novembro, 2019 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

O paso da adolescencia á madurez é o que intenta retratar Rexina Touceda no seu libro “Deriva”. A estudante da Universidade de Santiago de Compostela orixinaria de Cuntis, recibiu o pasado sábado o Premio Pérez Parallé nun acto celebrado no Círculo de Fene. O traballo desta estudante que cursa o Erasmus en Irlanda, resultou elixido entre un total de sesenta e cinco obras que se presentaron ao certame fenés.

Rexina Touceda recibindo o premio con Paula Romero e Gumersindo Galego

O premio está dotado con 2.000 euros en metálico, ademáis da publicación da obra coa Editorial Espiral Maior. En nome do xurado, xustificou a decisión a escritora Elvira Riveiro. Tamén interviñeron a presidenta do Círculo Paula Romero e o alcalde de Fene Gumersindo Galego. O acto finalizou coa actuación da rondalla Estrelecer. Dirixida por Xavier Amado, interpretou de forma brillante, entre outras pezas, a canción “Meu amor é mariñeiro”.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora