As cores da igualdade

Os escolares feneses entre 3 e 12 anos asistirán ao contacontos As Cores.
26 de Novembro, 2019 - 02:16 h. | Publicada por Radio Fene

O Ceip Os Casais de Maniños e a escola Unitaria de Sillobre (Fene) acolleron as primeiras sesións do contacontos pola Igualdade "As Cores"

Dende a Concellalía de Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade do Concello de Fene, dentro do programa de actividades de prevención da violencia machista e promoción da igualdade entorno ao 25 de novembro, programáronse dende onte un total de 10 sesións de contacontos-obradoiro para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de E. Primaria (De 3 a 9 anos)

"As Cores" é o nome do conto co que se pretende traballar de xeito dinámico temas tan importantes como a igualdade, a inclusión, o traballo en equipo, as emocións... transmitindo valores sempre a través do lúdico. Este contacontos foi creado para sensibilizar diso dende as primeiras idades. Trḉatase dun contaconto cunha primeira parte de dinámicas grupais traballando varios conceptos no que se fai especial fincapé na igualdade e no que tamén se introduce a lingua de signos, rematando cun obradoiro final de elaboración dun mural colectivo. A duración da actividade é duns 45 minutos. O obradoiro lévao a cabo Lidia Pena, sendo a coordinadora das actividades a psicóloga municipal.

Calendario por colexios:

A actividade comezou onte dia 25 de novembro no CEIP “Os Casais” e a Unitaria de Sillobre (Na imaxe). A programación estenderase durante o mes de decembro, con dúas sesións por centro escolar. O día 2 no CEIP Centieiras, o día 3 no CPI A Xunqueira, o día 9 no CEIP O Ramo e rematarán o día 10 no Colexio Jorge Juan.

Sociedade

Publica o teu comentario agora