As cornixas do colexio

As cornixas do colexio
07 de Setembro, 2020 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene retomará o proxecto “Colecamiños”, unha iniciativa para deseñar camiños seguros cara os centros escolares. Trátase de fomentar que as familias e a rapazada acudan a pé aos colexios e deixen o coche na casa.

ESCOITA O PODCAST:
Colexio O Ramo de Barallobre (Fene)

O concello realizará unha actuación especial desde este xoves nas proximidades dos colexios con protección civil e máis coa policía local. Tamén intervirá para arranxar un problema nas cornixas do colexio O Ramo de Barallobre. Actuará a pesar de tratarse dunha competencia da Xunta de Galicia, segundo a concelleira Sandra Permui, quen cualifica de nefasto o protocolo enviado pola Xunta de Galicia aos colexios.Precisa ademais outra actuación municipal, neste caso no colexio A Xunqueira de San Valentín. O Concello pintará as zonas de seguridade para os recreos.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora