A corporación de Fene apoia por maioría a Folga Xeral do 29

A corporación de Fene apoia por maioría a Folga Xeral do 29

27 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación municipal de Fene reuníase ás 8,30 desta mañán nun pleno que se pronunciou favorable á Folga xeral, co apoio dos grupos de EU, PSOE e BNG. A iniciativa do BNG, a corporación municipal fenesa debatíu sobre a Reforma Laboral, causa directa do paro deste xoves 29 de marzo. Todolos grupos de esquerda incidiron na política regresiva da Reforma que socava os dereitos dos traballadores-as deixándoos sen protección e fa

BNG

O portavoz do Bloque xustificou a presentación da iniciativa como un xeito de apoiar aos traballadores de Fene, un concello que sosporta unha situación de desemprego moi importante. Manuel Polo xustifica a folga afirmando que os traballadores teñen que rebelarse a ser  os pagános da crise.

PSOE

Os socialistas piden expresamente aos traballadores-as de Fene que secunden a folga, a única baza que temos de salvar os nosos dereitos. Antón Noceda afirmou que na Reforma do PP nada é temporal e que , aproveitando a crise, recortan dereitos dun xeito permanente e desregularizan o mercado laboral.

EU

A concelleira de EU, Mª Carmen Martínez, rebatiu os argumentos que se esgrimen en contra da folga do estilo “o país non está para folgas” , afirmando que só a mobilización pode frear a Reforma, unha reforma que non vai crear emprego e que só ataca aos máis débiles, que sempre empeza por abaixo.  Está convencia   Mª Carmen Martínez que a folga servirá para algo.

PP

A portavoz do PP, único grupo que se manifestóu contrario á folga, argumentou que o goberno central nunca dixo que coa Reforma se ía crear emprego. Manifestou a sua confianza no goberno central e o seu respecto pola folga como un dereito dos traballadores, pero Rocío Bértoa cré que nestes tempos difíciles non é o momento de folgas. Como resultado da votación, a corporación de Fene apoia a Folga do 29 de marzo.

Sociedade