Corre contra o machismo

Narón acolle este ano a manifestación comarcal do 25 N, con batucada e performance
22 de Novembro, 2018 - 11:11 h. | Publicada por Radio Fene

Carreiras populares en Fene e Ferrol ou o teatro, son armas de visibilización da violencia de xénero. Son numerosas as iniciativas na comarca polo 25N

As carreiras e o teatro priman nas convocatorias contra a violencia de xénero na comarca esta fin de semana. Das carreiras temos exemplo en Fene onde o BNG convoca a II Andaina Urbana Circular mañá venres 23, con saída ás sete da tarde do concello e retorno unha hora despois ao lugar de partida. Acabada a carreira contra a violencia machista, ás 8,30 no local do Bloque degustaranse cogumelos.

En Ferrol tamén pensaron en dar pasos adiante contra a vioolencia machista. O concello de Ferrol organiza a I Carreira popular  contra a violencia de xénero o mesmo domingo 25 que sairá ás 11 da mañá do Cantón. Ata as 12 desta noite está aberta a inscripción en www.carreirasgalegas.com O dorsal entregarase cunha camiseta conmemorativa na Casa da Muller, na rúa de Lugo 56. O tope de corredoras-es nesta carreira está nas 1.500 persoas.

A delegación comarcal da MMM- Marcha Mundial das Mulleres- convocanos a unha manifestación, que ven ser tamén unha especie de andaina, o mesmo domingo 25 de novembro. Discurrirá no concello de Narón, con saída ás 19,00horas da Praza da Gándara, acompañada de batucada e performances.

O teatro tamén se suma ao rexeitamento da violencia conra as mulleres en Ferrol. A Compañía Chévere fará o sabado 24 unha serie de intervencións dramáticas nos escaparates dalguns comercios do barrio da Magdalena, entre as 12 e as 13,30 horas.  Ofrecerán catro pezas alusivas ao tema central do 25 N. "Tres retratos de mulleres" e "Lugares comúns", interpretadas por Arantza Villar, Mónica García, Iria Pinheiro, e Serxio Zearreta.

Sociedade

Publica o teu comentario agora