Correlíngua 2014, un paso adiante

Correlíngua 2014, un paso adiante

05 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A edición 2014 do Correlingua arrinca hoxe luns 5 de maio de Pontevedra e rematará en Foz o 16 de maio. A carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, conta coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense e da Deputación de Lugo. O Correlingua, percorreará doce localidades galegas entre o

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

Cada unha das doce carreiras rematará nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, outro dos certames do Correlingua, en que os grupos seleccionados foron elixidos polo alumnado e o profesorado dos seguintes centros IES de Arzúa, IES Vicente Otero Valcárcel de Carral, IES Lama das Quendas de Chantada, IES Joham Carballeira de Bueu e IES Pino Manso do Porriño que seleccionaron como gañadores a Superoito, Monoulious Dop e Quempallou.

Como todos os anos contarase, para conducir o acto da festa final,coa actriz Isabel Risco, recente gañadora do premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto na serie Era Visto!.

Sociedade