Correr por unha boa causa

Correr por unha boa causa

17 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Este sabado 19 pola mañá repartense os dorsais e  material da Carreira da Muller, no salon de plenos do concello de Fene. Carreira da Muller que se celebra na Coruña o próximo domingo dia 20 e na que participarán 146 mulleres de Fene, convocadas pola Asociación Por + vida de Fene. A cita cumpre tres anos e nesta edición repartiu 6000 dorsais. O concello de Fene colabora aportando a viaxe en dous autobuses que sairán o domingo ás 8 da

Xa á marxe da carreira, Por mais vida comeza a escola de educación física contra a fatiga oncolóxica en outubro. A presidenta Rosa Graña recomenda ás persoas que padeceron ou padecen cancro, homes e mulleres, a participar. Hoxe en día son 15.

Por + vida cumpre catro anos e tocan eleccións á directiva. Celébrannas a semana que ven, o xoves día 24 de setembro,  ás 17 h. Segundo avanzaban a Radio Fene, haberá cambios, empezando pola presidencia.

Sociedade