Correspondentes en México e Italia

Correspondentes en México e Italia
17 de Novembro, 2020 - 12:11 h. | Publicada por Radio Fene

É posible manter un balance sustentable entre a turistificación e o aproveitamento dos recursos patrimoniais e culturais? O futuro da cultura pasa por que sexa rendible como actividade turística? Os expertos en redes sociais Manuel Gago e Miguel Cajigal “El Barroquista” responden a esas preguntas no número tres da revista de historia e cultura Mazarelos que ven de sair á rúa.

ESCOITA O PODCAST:
Nº 3 de Mazarelos

Miguel Rodríguez é un dos impulsores desta publicación que busca expandir a cultura e historia galega. Para el, a turistificación é un tema a abordar dende a perspectiva histórica. Hai que ter en conta se a chegada masiva de turistas pode facer que “certos elementos do patrimonio perdan a identidade local”. Isto é parte da globalización, pero este fenómeno tamén provoca a expansión da cultura galega. O proxecto “Mazarelos” naceu de forma online. A globalización que ofrece internet é un punto clave para poder chegar a calquera rincón do mundo. Demostrase que a cultura galega ten a mesma importancia que as demais.

Non se fala de impoñer o propio ou desprezar outras culturas, senón de equiparalas. O mantemento de Florencia ou Londres fixo destas cidades lugares icónicos no mundos das artes. Dende aquí “temos que facer o mesmo”. O proxecto Mazarelos naceu en Internet e despois chegou a revista en papel que “busca lexitimar a publicación”. O principal era expansión dentro do país pero agora contan con colaboradores en México ou Italia, aínda que o obxectivo segue a ser o mesmo: facer que esta cultura chegue a máis xente.

O estan a conseguir. Grazas as redes sociais, ao traballo e as ganas. Mazarelos, unha revista de cultura e historia galega, acaba de sacar o seu terceiro número impreso á rúa.

Cultura

Publica o teu comentario agora