A Coruña de 1980

A Coruña de 1980
07 de Decembro, 2020 - 10:29 h. | Publicada por Radio Fene

A trama de “Un home estraño” inclúe un repaso histórico de 1980, a data na que se ubica o asasinato co que arrinca o primeiro capítulo do podcast elaborado a partir da novela de Antonio Tizón. Aparece tamén un músico de rúa que padece unha enfermidade mental. Poderáse escoitar en Radio Fene Radiofusión antes de finalizar este ano.

ESCOITA O PODCAST:
Domingos Merino era alcalde da Coruña en 1980.

Participan a actriz Helga Méndez e os actores Óscar Gaez, Franki Muíño, Luís Pillado e Roger de Flor. Colaboran tamén Cándido Barral e Leo Toral. Son actores e actrices con formación e experiencia. Xente toda que ven de traballar no mundo do espectáculo, segundo a directora do podcast Eugenia Sanmartín.
Unha xornalista pensa que é un crime de inspiración política. Sucede na Coruña en 1980. E o primeiro caso de asasinato do inspector Sánchez Pereiro.
Hai un tras-fondo de morte da inocencia. A xornalista e o policía chocan co aparello do poder. Todo nun ambiente cálido de recuperación de recordos. O podcast “Un home estraño” inclúe doce capítulos de arredor de doce minutos de duración cada un. Algúns dos ensaios tiveron que realizarse por streaming para salvar o confinamento.  Logo realizouse a montaxe, a introdución de músicas e efectos sonoros.

Cultura

Publica o teu comentario agora