A cosmopolita cartografía persoal de José María Paz Gago

A cosmopolita cartografía persoal de José María Paz Gago

25 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Continuando coa programación da Aula da Poesía da Biblioteca “Uxío Novoneyra” de Vilamelania-Vilaboa, (Culleredo A Coruña) o vindeiro mércores 30 de marzo, presentarase o libro de poesía “Guía de lugares inexistentes” de José María Paz Gago. O acto celebrarase ás 20:00 horas.

Despois do éxito do seu poemario Manual para enamorar princesas (Madrid, SIAL, 2005) traducido ao francés, macedonio, árabe, rumano (Premio de Excelencia Lucien Blaga no Festival de Poesía de Alba Iulia, Transilvania) e letón, José María Paz Gago nos ofrece esta Guía de lugares inexistentes coa súa visión dalgunhas das cidades e lugares que teñen marcado o seu periplo profesional e humano.   

Este novo poemario de Paz Gago, Guía de lugares inexistentes, profundiza no seu persoal universo poético, no que as escenografías se constrúen a través da evocación imaxinaria e literaria, amorosa ou erótica, festiva e, case sempre, gozosa. As cidades que desfilan por este libro non son espazos urbanos obxectivos senón experiencias surreais, vivencias subxectivas de París, Cartaxena de Indias, Bos Aires, Bogotá ou Barcelona, plasmadas en gráficas descricións oníricas, relampagueantes instantáneas ou esceas cargadas de sensual plasticidade. Ámbitos imaxinarios, que marcaron o periplo deste escritor nómada, viaxeiro incansable que nos transmite aquí a súa  cosmopolita cartografía persoal. Por iso, condúcenos esta orixinal Guía polos territorios da infancia, desde a súa Celanova natal, terra entrañable de poetas e letraferidos, ao Pontedeume dos veraneos inolvidables, así como por outros marcos xeográficos urbanos habituais na súa vida, concretados na exótica Abidjan, na novelística Marineda ou na no menos pardobazaniana praia de Bastiagueiro. Miami, Nova Orleans, Timisoara, Slanic-Moldova, Chipre ou México City. Escalas desta odisea poética que recrea lugares máxicos ou paisaxes nos quela esencia lírica supera con crecesla existencia fáctica, ata tal punto que cobran protagonismo tamén os non-lugares.

Cultura