Cousas das que ninguén falaba

Cousas das que ninguén falaba
25 de Setembro, 2020 - 01:04 h. | Publicada por Radio Fene

Tres persoas de Francia asistirán mañá sábado a un acto de lembranza das vítimas do franquismo en Cabanas. Participarán no recordo de Pedro Rico Rodeiro e Constantino López Marcos, veciños de Monfero asesinados en 1947 nas fragas do Eume sen ningún tipo de causa xudicial.

Netos de Pedro Rico coas súas mulleres nas Fragas do Eume

O punto de partida da homenaxe ás vítimas do franquismo será ás dez da mañá no Centro de Interpretación das Fragas do Eume. O acto consistirá na plantación dunha oliveira no lugar onde se atoparon os corpos de Constantino e Pedro na beira do río Eume. De Francia virán tres netos de Pedro Rico. Sumarónse ao acto a Comisión da Memoria Histórica da Coruña e o Bloque Nacionalista Galego de Cabanas.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora