As cousas teñen que mellorar

As cousas teñen que mellorar

01 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un novo comercio abre as súas portas en Fene. Trátase dun establecemento de electrodomésticos e todo tipo de material eléctrico. Pretenden ofrecer un servizo persoalizado e buscan a máxima calidade en produto e servizo. Dirixe Electric World, na avenida Naturais de Fene Juan Francisco Pérez Permuy. Agarda que as cousas melloren, que a xente teña traballo e dinamice a economía e o comercio.

Xa tiñan experiencia no traballo de electricidade e por iso decidíronse por este tipo de establecemento, incluindo tamén todo tipo de electrodomésticos, algo que non había nesta zona de Fene, segundo afirman.

Sociedade