Covid, non vas poder

Covid, non vas poder
11 de Febreiro, 2021 - 01:21 h. | Publicada por Radio Fene

A Anpa do ceip Centieiras de Perlío-Fene- logrou implicar a máis de 50 familias no videoclip co que celebran o Entroido. Con música de Queen e letra que une a covid coa festa e que titulan "Covid non vas poder".

ESCOITA O PODCAST:

“Covid non vas poder” é a canción con letra de Juanjo Teijeiro e música de Queen, coa que o colexio Centieiras de Perlío participa este ano no Entroido. Non desfilarán por Perlío adiante nin participarán nas comparsas o mércores de cinza, nin saltarán de ledicia pola festa do Carnaval pero, dadas as circunstancias, fixeron un traballo marabilloso. O artífice da letra que cantan, alumnado, profesorado e pais e nais é un pai membro da Anpa, Juanjo Teijeiro quen colleu o "bohemian rhapsody” de The Queen, transformouno e adaptouno ás circunstancias. Nas casas aparecen Freddie Mercury e moitos outros disfraces que non teñen perda. Así soa “Covid, non vas poder”. Outra nai da anpa, Celia López, explícanos como fixeron e o que aportou cada familia desde a casa. Cada familia, pais e fillos/ nais e fillas, graváronse disfrazados e aportando uns segundos de canción. O resultado é un videoclip que podemos ver e gozar no blog da anpa de Centieiras ou no blog do propio colexio. Desde mañá tamén na páxina municipal fenecidadan.net. Dous músicos profesionais como son os irmáns Dani e Alberto Maceiras prestaron o seu talento para que o resultado fose como foi. Non só poñen os instrumentos, tamén se ocuparon da montaxe do videoclip no que participan 54 familias ademais do profesorado.  Total son cinco minutos de Entroido ao ritmo de “ Bohemian rhapsody” de The Queen. Nas casas aparecen Freddie Mercury e moitos outros disfraces que non teñen perda.

 

(Na imaxe, Juanjo Teijeiro e Celia López, nos estudios de Radio Fene).

Cultura

Publica o teu comentario agora