Creación de emprego

O concello de Fene crea seis novos postos de traballo
18 de Decembro, 2020 - 09:47 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene convoca un total de seis postos de traballo que se cubrirán por concurso-oposición. Auxiliares administrativas e peóns de limpeza e recollida do lixo e outra de conserxe.

Publícase no BOP de hoxe 18 de decembro a oferta de emprego do Concello de Fene. Son seis prazas, que se cubrirán por concurso oposición, pertencentes á OPE dos anos 2017,2018 e 2019. Trátase de tres prazas de auxiliar administrativo, un peón do servizo de limpeza, un peón da recollida do lixo e un conserxe. O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución pola que se declarará aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas e sinalarase un prazo de dez días hábiles para enmendas. A data, hora e lugar de celebración dos exercicios poderán publicarse conxunta ou separadamente coa lista provisional de persoas admitidas e excluídas. Posteriormente a Alcaldía ou concelleiro/a delegado/a, se é o caso, aprobará a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, así como a composición nominal do tribunal, lugar, data e hora. O sistema selectivo empregado será o concurso-oposición.

Institucional

Publica o teu comentario agora