Creadoras galegas de Imaxe en Ferrol

Creadoras galegas de Imaxe en Ferrol

07 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O II ciclo de Proxeccións “Creadoras Galegas de Imaxe”, organizado pola Comisón de Igualdade do Consello da Cultura Galega, está a celebrarse en Ferrol desde o 6 e ata o 8 de novembro. Baixo o lema “A construción do relato ideado” o programa céntrase na produción de creadoras galegas que traballan nos xéneros cinematográficos de ficción, documental e animación (curta e longametraxe) baixo olladas feministas. A

Para o xoves día 8, baixo o lema "A través dos lugares". quedarán os documentais "Aadat", de Xisela Franco, e "Apash, os de fóra", de Cora Peña, e a longametraxe "Tralas luces", de Sandra Sánchez. A sesión e o ciclo rematarán cun debate moderado por Encarna Otero e no que intervirán as realizadoras Xisela Franco e Cora Peña.

Previamente houbo unha presentación xeral por parte das coordinadoras do ciclo, Uqui Permui e Encarna Otero, e de María Xosé Agra, coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.

A presentación pública do ciclo tivo lugar o luns 5 de novembro no Centro Sociocultural Novacaixagalicia en Ferrol. Uqui Permuy e Encarna Otero, coordinadoras do Ciclo, e Verónica Rego, delegada institucional de Novacaixagalicia, detallaron o programa que permitirá ver e comentar once creacións audiovisuais en tres sesións vespertinas. Para a realización do ciclo o Consello da Cultura Galega contou coa colaboración, convenio mediante, da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Sociedade