Creativa e precaria

Creativa e precaria
18 de Decembro, 2019 - 12:24 h. | Publicada por Radio Fene

Noa madeira creativa realizará mañá xoves un paro na defensa do emprego. O cadro de persoal da empresa instalada en Vilar do Colo denuncia o desmantelamento paulatino das instalacións e a precarización das condicións laborais. Un dos propietarios da empresa confirmou recentemente a súa intención de desmantelar a oficina técnica en Fene para trasladala a Cerceda, segundo indica o comité de empresa.

Concentración de Noa madeira creativa no cruce da igrexa de Fene

Arredor de douscentos traballadores e traballadoras de Noa concentráronse na tarde noite de onte no cruce da igrexa de Fene. Afirman que a comarca de Ferrol non se pode permitir seguir perdendo centros de traballo.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora