Crer na maxia

Con maxia todo se consegue. A ver se tamén a igualdade
21 de Novembro, 2019 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un espectáculo de maxia para concienciar aos máis pequenos e pequenas de 4 a 12 anos sobre a igualdade. Chega a Fene con Leo Leiño o dia 28 de novembro.

Desde o 15 de novembro e durante un mes, quen camiñe polas rúas de Fene decatarase da proximidade do 25N. É a parte máis vistisa da campaña municipal do Dia contra a violencia machista. Banderolas, carteis e pancartas están penduradas para que ao paso das persoas as acompañe ese clamor contrario á violencia sobre as mulleres. A campaña extenderase con actividades ata o mes de febreiro. Onte falamos do contaconto  "As Cores" que visitará todos os centros educativos desde o luns que empeza nos Casais e na Unitaria de Sillobre.

Hoxe falamos da igualdade a través da maxia. “Maxia pola igualdade” é unha das actividades que organiza o concello de Fene arredor do 25N. O xoves 28 ás 18h na Casa da Cultura de Fene coa maga Leo Leiño, dirixido a nenos-as de 4 a 12 anos a ás súas familias. A muller cobra protagonismo neste espectáculo que rende homenaxe a todas as que nos precederon no traballo pola igualdade. “Maxia pola igualdade” promete moitas sorpresas e emocións.

Cultura

Publica o teu comentario agora