A crise “capitalista” centra o IV Festival da Mocidade de Xinzo

A crise “capitalista” centra o IV Festival da Mocidade de Xinzo

13 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os socios do Centro Social Aguilhoar, en Xinzo da Limia, celebran por cuarto ano o Festival da Mocidade. As actividades darán comezo ás cinco da tarde na zona de viños da vila e, entre outras, terá lugar unha conferencia baixo o título “Crise capitalista. Do global ao local”, na que intervirá Plácido Valencia, en nome dos traballadores de Vidriera del Atlán

A estas actividades hai que sumar a proxección de documentais, teatro de rúa, exposicións de loita en defensa da terra, feira de colectivos locais e a elaboración de murais. Igualmente, os que o desexen poderán participar nunha cea popular por un módico prezo, 5 euros, e para finalizar os concertos, a partir das dez da noite.

Cultura