A crise cébase nas mulleres

A crise cébase nas mulleres

24 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non é a primeira vez que o concello de Fene- A Coruña- será o centro comarcal dos actos da Marcha Mundial das Mulleres. Na Praza do Ameneiral ou Praza Verde ás 20.00h congregaránse homes e mulleres para rexeitar máis unha vez,  a violencia machista. Un taboeiro presidirá o escenario do acto, enumerando unha por unha as mulleres víctimas mortais da violencia neste ano 2011 que está a piques de rematar

Outros taboeiros instalados para a ocasión, permitirán a participación activa dos e das asistentes, segundo nos conta, Ánxela Lagoa, no nome da Coordenadora comarcal da MMM.

Segundo adiantou Anxela Lagoa a Radio Fene, o de mañán será un acto que abre a porta a unha intensa actividade que o movemento feminista vai despregar no futuro porque a crise económica, como sempre, vai cebarse nas mulleres. Como exemplo están aí os recortes e os pasos atrás en leis como a da Dependencia, do Aborto ou a Lei de Familia. Tanto é así que a MMM traballa xa de cara ao 8 de Marzo en sumar a todolas asociacións feministas para sair á rúa.

Curso para Mulleres inmigrantes extracomunitarias en Fene.

O Servizo Municipal de Atención á Muller de Fene pecha mañán venres 25 de novembro, o prazo para inscribirse no obradoiro de búsqueda de emprego dirixido a mulleres inmigrantes extracomunitarias.
Esta actividade enmarcase dentro das accións a desenvolver en torno ao 25 de novembro, "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Emigración da Presidencia da Xunta de Galicia.
As mulleres participantes recibirán unha aportación económica por asistencia. Para inscribirse deberá entregarse debidamente cuberta a folla de Inscrición e unha fotocopia do NIE ou pasaporte extranxeiro. O curso dispón de 15 prazas. Desenvolverase polas tardes, de 16:00 h a 20:00 h  na Aula da Casa da Cultura . Requisito: ser muller extranxeira extracomunitaria, con NIE ou Pasaporte Extranxeiro.

Sociedade