A crise procede dun círculo moi pequeno de banqueiros omnipotentes, segundo Galeano

A crise procede dun círculo moi pequeno de banqueiros omnipotentes, segundo Galeano

14 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

"O medo real a perder o traballo ou a non atopalo é a fonte de inseguridade máis importante" afirma o escritor uruguaio Eduardo Galeano, ao fio da presentación do seu último libro "Los hijos de los días". O volume recolle 366 historias de mulleres, dos invisibeis, de negros, indios, as culturas e as xentes ignoradas.

"Esta crise procede dun círculo moi pequeno de banqueiros omnipotentes. Os responsabeis da crise son os que máis se queixaron e os que máis cartos recibiron. Foron recompensados por afundir o planeta. Todo ese diñeiro que se destinou aos que causaron o pior desastre na história da humanidade, alcanzaba para dar de comer aos famentos do mundo, con postre incluido" afirma Galeano. O literato fala dos indignados como "rapaces xoves que perderon os seus empregos e casas por responsabilidade deses malabarismos financeiros que remataron por despoxar aos inocentes dos seus bens. Eles non foron os que prestaron préstamos imposibeis, non foron eles os culpabeis da burbulla financeira e este disparate que pasou en España de construir e construir e agora está chea de vivendas deshabitadas e xente sen casa". Como dicia o intelectual brasileiro Darcy Ribeiro, o mundo se divide entre os indignos e os indignados e hai que tomar partido, hai que elexir.

Eduardo Galeano virá a Galicia no mes de xuño para presentar o libro "Los hijos de los dias".

OURENSE

Mércores 13 de xuño. 19:30  Presentación Auditorio Municipal. Organiza Concello de Ourense.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Venres 15 de xuño.  19:30 Presentación Auditorio Cidade da cultura. Organiza Cidade da cultura.

Sociedade