A cubrición da pista de Centieiras

Moita concurrencia empresarial para cubrir a polideportiva
11 de Xaneiro, 2019 - 10:18 h. | Publicada por Radio Fene

19 empresas presentaronse á licitación das obras de cubrición da pista polideportiva do colexio Centieiras de Perlío. O próximo martes constitúese a Mesa que estudará as ofertas e adxudicará as obras, segundo anunciou a Radio Fene Gumersindo Galego. O alcalde de Fene falou no espazo As Foxas dos temas máis candentes nos inicios do 2019. O servizo da auga; a auga a Magalofes e San Marcos; a taxa da EDAR; as zonas novas azuis de estacionamento; a mellora da Praza Verde ou da Axuda no fogar.

ESCOITA O PODCAST:
Parcela permutada polo Concello de Fene

O alcalde de Fene confirmou que o concello xa ten elexida a parcela na que se ubicarán os depósitos para a auga de Magalofes e San Marcos, un terreo situado por riba das Picas que, segundo os técnicos, reúne as condicións de extensión e cota para esa finalidade. Tamén están a punto de pintarse as prazas de aparcamento de veículos que se rexirán polo sistema da ORA, gratuítos pero que limitan o tempo de estacionamento. Segundo asegurou Gumersindo Galego, serán un total de 15 prazas, seis en Marqués de Figueroa, seis en Naturais de Fene e tres na rúa do concello. A maiores estas avenidas dotaranse de novas zonas de carga e descarga onde se precide este servizo.

En Marqués de Figueroa está o local que agora é do concello. A esa permuta referiuse Galego. O alcalde fenés manifestouse no espazo As Foxas sobre como se debe abordar a xestión do servizo da auga, mentres sigue a prórroga coa empresa Viaqua tras rematar o contrato coa mesma. Galego fala da creación dunha comisión que estude a situación na que queda o servizo e cantos son os traballadores de Viaqua adscritos a Fene que terían que ser subrogados. Destacou durante a conversa o alcalde fenés, referíndose aos orzamentos deste ano, que Fene aumentou case en 15.000 horas a prestación de Axuda no fogar. E co remanente de 2017, anunciou que o concello porá en marcha ata 15 actuacións.

Seguro que che interesa
Institucional

Publica o teu comentario agora